Compostela cultura

Estás en: Axenda > Conferencias > Curso de tai chi e chi kung na Finca...
tai chi
Horario:

1 de xullo de 2009 - 31 de agosto de 2009
Días da semana: Luns, Mércores
10:00 - 11:00

Lugar:

Vista Alegre
(Parque da Finca Vista Alegre)
Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo. 15705

Curso de tai chi e chi kung na Finca Vista Alegre

Parque Finca Vista Alegre

O programa Vive o Verán pretende promover hábitos saudábeis na poboación da cidade. Neste curso introducirase aos inscritos na práctica do tai chi e o chi kung.

O tai chi está a acadar un gran recoñecemento pola comunidade médica como un eficaz sistema de exercicios suaves que contribúen a aliviar os síntomas de enfermidades crónicas como a fibromialxia, osteoporose, etc., e mellorar a saúde en xeral.

Algúns dos beneficios máis importantes son a mellora da forza, o equilibrio e a coordinación, en relación co aparato locomotor. No apartado cardiovascular aumenta a circulación periférica e normaliza a tensión arterial. No aparato respiratorio, ademias de realizar unha masaxe dos órganos internos, aumenta a nosa capacidade aeróbica e, por último, no traballo mental chega a incrementar a nosa capacidade de relaxación, concentración e memoria.

En caso de choiva o curso celebraríase na sede da SGAE.

O que vai vir