Unha xornada dedicada ás bitácoras
Departamento de Educación e Mocidade
O Centro Xuvenil do Ensanche acolle unha serie de charlas para entrarmos no mundo das bitácoras, blogs, pods e fotologs, todas as ferramentas das que dispomos hoxe en día para producir información en internet. Este novo formato de expresión e comunicación viviu un enorme pulo nos últimos anos en Galiza, cambiando a sociedade, as canles de comunicación e mesmo os hábitos lingüísticos. Contaremos coa presenza dos que máis saben neste campo.
Programa:
- 10:30 María Yáñez: Que é unha bitácora. Reflexión sobre o fenómeno de extensión das bitácoras e outras canles de expresión en internet.
- 11:15 Raquel Gamallo: Ferramentas e recursos en galego para crear blogs. A blogoteca.com.
- 12:30 Alberto Yáñez: Internet como canle comunicativa e de troco de noticias. Chuza.org.
- 13:15 Carlos Neira: O perfil dos creadores das bitácoras galegas.
- 16:30 Amador Loureiro: Novos formatos de comunicación: os blogs e os fotologs.
- 17:15 Modesto del Río: Os pods.
- 18:00 Noel Feáns e Martín Wu: Bitácoras e música.
- 18:45 Nel Vidal e Suso de Toro: Bitácoras e literatura.
- 19:30 Martin Pawley: Bitácoras de cine.
Ligazóns relacionadas:
Documentos relacionados: