Compostela cultura

Estás en: Concellaría de Cultura > Publicacións

Publicacións

Abecedario de árbores

Abecedario de árbores

Marilar Aleixandre
Ano de edición: 2006
53 páxinas

Coma indios, fomos escribindo co corpo na casca das árbores que nos agarran á memoria. Soubemos dos envelenadores de augas, dos ladróns portadores de máis nada; viámolos traballando con ansias nas cortizas acabadas de labrar naquel tempo das primeiras follas, borrando a nosa memoria das redes. Chamáronnos mortos, porque fomos guerreiros contra a nosa propia tribo. E disque nós non existimos, Marilar. Como se con valados se construísen fragas.
Mónica Góñez

Aracné 3

Aracné 3

Helena de Carlos
Ano de edición: 2006
53 páxinas

Humilde, reflexiva, quizais ironicamente, Helena de Carlos puxo esta escolma so a invocación de Aracné, a tecedora lidia que ousou desafiar a Minerva. Ben se entende o que fixo Aracné, pois sempre hai na arte un pulo tráxico, nobre, cegamente cordial: un pulo humano, que ás veces anoxa a intelixencia fría e estratéxica, olímpica.
Manuel Outeiriño

A Revolución de 1846

A Revolución de 1846

Concellaría de Cultura
Ano de edición: 2006
60 páxinas

Esta publicación nace coa intención de ser un guieiro capaz de transportarnos a un dos episodios máis senlleiros da historia de Galicia, o levantamento galego de abril de 1846, que tivo como un dos seus principais escenarios a cidade de Santiago de Compostela e o seu contorno, e que formou parte duns acontecementos que inzaron o noso país de arelas de liberdade, deixando unha fonda pegada na memoria e no quefacer colectivo de moitos galegos e galegas.
Néstor Rego

Sen Xeración. Notas para unha historia da arte en Galiza

Sen Xeración. Notas para unha historia da arte en Galiza

David Barro, con prólogo de Alberto González - Alegre
Ano de edición: 2006
229 páxinas

O libro recolle un estudo pormenorizado da década 1984-1994, que foi obxecto do esquecemento á hora de facer reflexións sobre o acontecido nos últimos trinta anos da arte en Galiza. O libro recupera imaxes das diferentes obras dos artistas e de exposicións históricas.

Pegadas

Pegadas

Xavier Queipo
Ano de edición: 2006
51 páxinas

Biólogo e mariñeiro de profesión, Xavier Queipo logrou ademais inserir no mapamundi monocolor deste país o sotaque, o recendo, o gosto e a sonoridade doutras linguas e latitudes. Novelas, versos ou diarios que foron como ese carimbo que mancha, con tinta de choco da ría, un selo exótico e vexetal.
Fran Pérez Lorenzo


Seguintes



Contacto
Concellaría de Cultura:

Auditorio de Galicia:
Avda. Burgo das Nacións s/n.
Tel.: 981 552 290
Fax: 981 574 250
Contacta
Director: Pablo Rodríguez,
Tel.: 981 574 152
Contacta

Teatro Principal:
Rúa Nova, 21.
Directora: Montse Cillero,
Tel.: 981 542 347
Contacta

Zona "C":
Rúa San Domingos de Bonaval, 1.

Prensa Cultura:
Tel.: 981 542 328
Fax.: 981 542 329
Contacta