Compostela cultura

Estás en: Concellaría de Cultura > Novas > Presentación na Trisca da...

Presentación na Trisca da exposición 'O pousar da mirada'

Néstor Rego, Modesto López e Lucía Dubra Néstor Rego, Modesto López e Lucía Dubra

(14/02/2008) O centro sociocultural do barrio de San Pedro 'A Trisca' albergará até fins de mes unha exposición de pintura da artista compostelá Lucía Dubra. Baixo o título d'O pousar da mirada' a mostra reúne diversas obras da autora onde os protagonistas son os máis pequenos e os seus ollares.

Onte á noite inaugurouse unha nova exposición de pintura na Trisca, situado na Corredoira das Fraguas do barrio compostelán de San Pedro. O centro sociocultual servirá neste mes de febreiro de escaparate das obras da artista Lucía Dubra, natural do barrio. A pintora compostelá reuníu varias das súas obras na exposición 'O pousar da mirada', dedicada ás miradas dos picariños de todos os países e culturas, que trasmiten nos óleos de Lucía tenrurar, alegría, confianza, amor...

Na presentación da exposición, Lucía Dubra, ademais de agradecer o apoio brindado pola Trisca e máis pola concellaría de Cultura, afirmou cumprir un soño "ao poder expoñer a miña obra, na miña propia casa", lembrando os seus orixes no barrio de San Pedro. Con 'O pousar da mirada' Dubra pretendeu "dar imaxe a través de distintos retratos a aqueles meniños que o teñen máis difícil no seu día a día".

A función dinamizadora dos centros socioculturais
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, tamén presente no acto, amosou a satisfacción da Concellaría porque "unha artista compostelá poida amosar a súa obra na súa propia cidade". Rego reiterou a dispoñibilidade do Concello para "albergar as creacións de artistas noveis composteláns, tanto na Zona C, especialmente dedicada a tal fin, coma nos distintos centros socioculturais da cidade, axentes culturais dinamizadores que permiten aos nosos artistas ser coñecidos polos seus veciños, ofrecendo á creatividade a difusión que precisa".

Lucía Dubra, premiada pola Universidade de Vigo, expuxo a súa obra no Museo Ramón María Aller de Lalín, na Facultade de Belas Artes e no Ateneo de Pontevedra e no Museo das Arte do Grabado e Estampa Dixital de Riveira entre outras salas. 'O pousar da mirada' permanecerá na Trisca do 13 ao 29 de febreiro, para logo visitar os centros socioculturais de Fontiñas e do Sar.

Volver ao listado de novas
Enquisa

De entre as vindeiras citas de Sons da Diversidade, con cal quedas?