Compostela cultura

Estás en: Concellaría de Cultura > Presentación

Presentación

A Concellaría de Cultura impulsa un desenvolvemento democrático, participativo, activo e creativo dos programas culturais que promove co fin de facilitar a transformación da sociedade mediante a xeración de identidade, entrelazando memoria e futuro. Aspírase a promover unha cultura na que os composteláns se poidan recoñecer e na que asemade podían albiscar a diversidade de pobos, nacións e linguas do mundo de xeito aberto e cun carácter de universalidade.

É un compromiso corporativo da Concellaría favorecer a extensión da realidade cultural máis alá dos sectores tradicionais, como literatura, artes escénicas, plásticas, audiovisuais ou patrimonio, para xerar novas canles que vinculen a cidade coas forzas que moven a sociedade compostelá, ao tempo que insiren o momento cultural nas posibilidades da sociedade da información.

Estímase ademais necesario soster un compromiso vinculante coa cidadanía, que debe ser a protagonista última da acción cultural da cidade, como emisora dos contidos e mensaxes culturais e, así mesmo, como receptora do abano múltiple das propostas culturais galegas e da diversidade de pobos do mundo.

A cooperación e apoio no desenvolvemento de proxectos culturais xerados polos diferentes axentes sociais, co establecemento de medidas e convenios que estimulen a súa participación, e o apoio das manifestacións tradicionais da cultura popular galega como a artesanía, música, folclore ou festas populares son outras das estratexias da xestión que impulsa a Concellaría de Cultura.

Concelleira
foto de socorro garciaSocorro García Conde.

Concelleira de Cultura e Centros Socioculturais.

Tenenta de alcalde.

Naceu na Pontenova (Lugo) en 1968. Ten un fillo e é veciña das Moas de Arriba, na parroquia de Figueiras. É licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e leva máis vinte anos afincada na capital de Galiza. Desenvolve a súa actividade laboral no Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago, onde foi representante sindical pola CIG e presidíu o Comité de Empresa. É militante do BNG desde 1989 e fai parte do Consello Local do BNG de Compostela, no que chegou a ocupar a máxima responsabilidade durante varios anos. Ademais disto integrou a Dirección Nacional da CIG-Administración e o Consello Confederal da CIG. A partir de maio de 2008, ademais de manter a portavocía do BNG no concello, pasa a ser a Tenenta de Alcalde e Portavoz do Goberno Municipal, entrando a formar parte da Xunta de Goberno Local. Como concelleira dirixe a delegación de Cultura e Centros Socioculturais.
Contacto
Concellaría de Cultura:

Auditorio de Galicia:
Avda. Burgo das Nacións s/n.
Tel.: 981 552 290
Fax: 981 574 250
Contacta
Director: Pablo Rodríguez,
Tel.: 981 574 152
Contacta

Teatro Principal:
Rúa do Vilar, 21.
Directora: Montse Cillero,
Tel.: 981 542 347
Contacta

Zona "C":
Rúa San Domingos de Bonaval, 1.

Prensa Cultura:
Tel.: 981 542 328
Fax.: 981 542 329
Contacta