Compostela cultura

Estás en: Axenda > Cinema > Pradolongo
Prado
Horario:

26 de abril de 2008 - 28 de abril de 2008
17:00

Lugar:

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

Horario:

26 de abril de 2008 - 28 de abril de 2008
20:00

Lugar:

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

Horario:

21 de novembro de 2008
22:00

Lugar:

Arteria Noroeste
Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Prezo:

De balde.

Horario:

26 de novembro de 2008
23:00

Lugar:

Fundación Caixa Galicia
Rúa do Vilar, 19. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 552 577

Prezo:

De balde.

Pradolongo

Ignacio Vilar

Rodada vinte anos despois de Sempre Xonxa e case nas mesmas localizacións de Valdeorras, o director petinés Ignacio Vilar retoma o espírito daquel filme mítico. Parte dos actores foron elixidos a partir de castings realizados en diversos institutos, dos que xurdiu un dos protagonistas: Roberto Porto.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Rubén Rodríguez Riós, Tamara Canosa, Roberto Porto

Ficha técnica:
  • Dirección: Ignacio Vilar Díaz
  • Guión: Ignacio Vilar Díaz, Carlos Asorey Brey
  • Produción: Marina Fariñas
  • Música: Zeltia Montes
  • Fotografía: Alberto Diaz Blanco 'Bertitxi'
  • Montaxe: Guillermo Represa del Río
  • Dirección artística: Andrea Pozo Villar

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Pradolongo
  • Xénero: Drama
  • País: Galicia
  • Duración: 100 minutos
  • Ano: 2007

A trama narra a historia de tres amigos da infancia que veñen de cumprir a súa maioría de idade. O amor que Martiño e Armando comezan a sentir por Raquel e a posíbel venda de Pradolongo, a louseira do pai de Armando, obrigaraos a reconsiderar os seus soños e os vínculos que os mantiveron unidos dende a infancia.

No cinema
O que vai vir
  • Lope 03/09/2010
    Andrucha Waddington
    Biopic do poeta e dramaturgo Lope de Veiga (1562-1635), un dos máis importantes e prolíficos autores do Século de Ouro da literatura española. Está ambientada no ano 1588, cando Lope se ve obrigado a elixir entre unha relación cunha muller que lle pode axudar a dar un paso adiante na súa carreira e outra que representa o amor verdadeiro.
  • O aprendiz de bruxo 03/09/2010
    Jon Turteltaub
    Remake libre da curtametraxe homónima incluído no clásico de Disney Fantasía, no cal Mickey non facía caso das ordes do seu mestre de maxia e daba vida a unhas escobas para que fixesen o traballo por el.
  • Un pequeno cambio 03/09/2010
    Josh Gordon, Will Speck
    Kassie acaba de cumprir os 40 e segue sen atopar ao seu príncipe azul, así que decide recorrer á inseminación artificial para ter un bebé. Sete anos máis tarde volve a Nova York e reencóntrase co seu neurótico e inseguro mellor amigo, Wally, quen comezará a sentir unha inexplicable conexión co fillo de Kassie, o pequeno Sebastián, un neno co que comparte algo máis que as súas múltiples teimas e excentricidades.
  • Campanilla e o gran rescate 03/09/2010
    Bradley Raymond
    Campanilla deberá unirse a unha fada rival para que os humanos non descubran a existencia da súa raza. Terceira de catro películas que realizará DisneyToon Studios baseadas no personaxe de Campanilla, procedente da película Peter Pan.
  • Sunshine cleaning 03/09/2010
    Christine Jeffs
    Rose e Norah Lorkowski son dúas irmás en paro que atopan unha particular forma de gañarse a vida: limpar as escenas de crime despois de que a policía fixese o seu traballo.