Steve M. Martin
Audiovisións achéganos con este filme a Léon Theremin (1896-1993), violonchelista e enxeñeiro ruso, creador dun dos primeiros instrumentos electrónicos da historia da humanidade.
Título orixinal: Theremin, an Electronic Odyssey.
Dirección: Steven M. Martin.
País: EUA.
Ano: 1994.
Duración: 82'.
O achádego xurdiu en resposta a unha petición de Lenin á comunidade científica para que buscasen novas aplicacións para a electricidade. O instrumento chamouse Theremin (Eterófono) e foi presentado en 1920, pouco despois da revolución rusa. Léon impresionou a Lenin coa súa demostración e o mandatario ruso ordenoulle construír 600 aparellos e enviouno a realizar unha xira mundial para presentalo.
O Theremin é un dos poucos instrumentos que se toca sen tocalo, unha característica, que xunto coa súa tímbrica singular, colocouno no eido da música etérea e misteriosa. Gañador dun premio no Festival de Sundance, este fascinante documental conta a vida do creador deste instrumento, o seu secuestro polo servizos secretos da antiga Unión Soviética nos anos 30 e a súa volta a América despois de 60 anos para atoparse cos seus antigos amigos, sobre todo a virtuosa do Theremin Clara Rockmore.
Tamén inclúe unha entrevista co pionero dos sintetizadores Roberto Moog asi como curtos de peliculas como The Day the Earth Stood Still, incluíndo os sons doutros mundos sonoros creados polo instrumento que se toca sin tocalo.