Compostela cultura

Estás en: Axenda > Cinema > Continúa AMAL con dous...
amal ghrande
Horario:

25 de outubro de 2005
16:30

Lugar:

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

Prezo:

2 euros

Continúa AMAL con dous documentais

Fundación Araguaney

O Festival continúa cos documentais SAZ e Paradise lost.

SAZ Director: Gil Karni
Data: 2004
Nacionalidade: Israel
Duración: 50´

Paradise lost Directora: Ebtisam Mara´Ana
Data: 2003
Nacionalidade: Palestina / Israel
Duración: 56´

SAK representa un ano dramático na vida do cantante de rap árabe Samekh Zakhut, de vinte anos, que vive nun barrio xudeu en Ramle, e pertence á terceira xeración dunha familia comunista. Samekh acumulou sentimentos fortes de insultos e odio polo que lle está a pasar ó seu pobo, os palestinos. Grava cancións de rap e hip hop como modo para transmitir esas mensaxes. O filme continúa cá estreita relación entre Samekh e o seu avó, Abdullah que foi desafiuzado á forza do seu pobo na guerra do 48 e móstranos a diferencia entre as súas ideoloxías durante a visita de Samekh á casa do seu avó.

Por outra banda, Paradise lost conta a historia de Paraíso, un pintoresco pobo pesqueiro no Mediterráneo. A película segue á directora ó Reino Unido, onde atopa á señora Suaad George, unha doutora en Dereito acosada polas pantasmas do seu pobo e o seu pasado. O encontro con Suaad provoca que a directora se pregunte se a pesar da diferencia xeracional, o seu destino é o mesmo (fóra do Paraíso). Esta é unha película acerca da recreación dunha historia perdida e sobre a definición moderna de ser muller dentro dun pobo tradicional árabe.

AMAL (esperanza, en árabe) pretende abrir vieiros para o desenvolvemento do audiovisual árabe e español en coproducción, asociación e intercambio, e para entrar a formar parte dun mercado de coprodución no mundo árabe no que xa participan Francia, Bélxica, Holanda e mesmo os Estados Unidos.

Ao se transformar en festival competitivo, Amal busca fomentar o desenvolvemento de proxectos de calidade de produción árabe, en coprodución con algún país do mundo árabe ou de temática árabe.

Dentro das actividades do festival, coma nas anteriores edicións, Amal contará con sesións de pitching, nas que representantes do mundo audiovisual galego e do resto do Estado poidan contactar, debater e estabelecer relacións para futuras colaboracións con representantes dos países árabes.


Ligazóns relacionadas:
No cinema
  • Avatar (Multicines Valle Inclán, Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Cela 211 (Multicines Cinesa Área Central 3D, Multicines Valle Inclán)
  • Invictus (Multicines Valle Inclán, Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Nine (Multicines Valle Inclán)
  • Precious (Multicines Valle Inclán, Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Rompedentes (Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Sherlock Holmes (Multicines Cinesa Área Central 3D, Multicines Valle Inclán)
  • The Road (Multicines Valle Inclán, Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Tiana e o sapo (Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Todo incluído (Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Up in the air (Multicines Valle Inclán, Multicines Cinesa Área Central 3D)
O que vai vir
  • 'Onde soñan as formigas verdes' 10/02/2010
    Werner Herzog
    O cineclube continúa o mes dedicado ao director alemán Werner Herzog con este filme ambientado no deserto australiano, lacónico e con actores non profesionais.
  • A comedia 'Radio encuberta' na Fonoteca 11/02/2010
    Richard Curtis
    A Fonoteca Universitaria ofrece no ciclo 'Música en imaxes' esta comedia británica dirixida por Richard Curtis.
  • Proxección do telefilme 'Pataghorobí' 11/02/2010
    Ricardo Llovo
    Telefilme galego baseado nun texto de Francisco Fernández Naval. O protagonista é Xabier, un escritor vigués que un día recibe unha estraña carta. Nela pídeselle que a faga circular a fin de mellorar a súa sorte.
  • Proxección aberta de 'La sinapsis del códice' 11/02/2010
    Pablo Iglesias
    Pase gratuíto deste documental ficcionado sobre o Camiño de Santiago con actores e personaxes reais, baseado nos textos do Códice Calixtino, dirixido polo compostelán Pablo Iglesias.
  • 'China Blue' no ciclo de cine 'Coñecer e cambiar' 11/02/2010
    Micha X. Peled
    Continúa o ciclo de cine 'Coñecer para cambiar', de Amarante e Verdegaia, con este filme sobre as condicións laborais dos traballadores de talleres textís en China.