Compostela cultura

Estás en: Axenda > Cinema > Cinema novísimo do Brasil
momento da rodaxe d'o cao engarrafado
Horario:

21 de abril de 2006
11:00

Lugar:

Facultade de Ciencias da Comunicación
(Sala de visionado 1)
Avda. Castelao. Campus norte s/n 15782
Teléfono: 981 563 100

Prezo:

De balde

Cinema novísimo do Brasil

Varios cineastas

Nesta nova xornada da mostra audiovisual Viaxes na lusofonía coñeceremos o máis recente do cinema brasileiro: unha curtametraxe sobre un asasino en serie que non deixa pista ningunha, de Bruno de Sales, a historia dun poeta esmagado pola rutina en Sâo Paulo, da man de Camilo Cavalcante, O escritor das ruas contando a tráxica historia de Salvador, unha animación de Dellani Lima con lembranzas de Duchamp, da Pop Art e das estruturas poéticas do haicu e do poeta underground brasileiro Sebastião Nunes, a terríbel historia dun home atormentado pola culpa despois de atropelar a outra persoa, n'O cão engarrafado, a anguriante sucesión de imaxes de bonecas e conversas entre mulleres de Ah! Eu já ía mesmo pedir notícias dele…, e, en Capítulo primeiro, a historia dunha muller que descobre que o seu fillo é homosexual e tenta, por todos os medios, reaproximalo á igrexa.

O cao sedento, Brasil, 2005 Xénero e duración: Ficción, 10'
Dirección: Bruno de Sales

Leviatã, Brasil, 1999
Xénero e duración: Ficción, 20'
Dirección e guión: Camilo Cavalcante

O escritor das ruas, Brasil, 2005
Xénero e duración: Ficción, 20'
Dirección: Marcelo F. Sampaio e Tote Justino Guión: Emerson Brito e Willians Aragão
Produción: Desabafo Coletivo

Sacanagem poética para as novas gerações, Brasil, 2006
Xénero e duración: Vídeo-arte, 3'
Dirección e guión: Dellani Lima Produción: Fición & Motion Grafic

O cão engarrafado, Brasil, 2005
Xénero e duración: Ficción, 11'
Dirección e guión: Anna Lucchese

Ah! Eu já ía mesmo pedir notícias dele…, Brasil, 2005
Xénero e duración: Vídeo-arte, 3'
Dirección e guión: Louise Ganz e Dellani Lima Produción: Experimental & Motion Grafic

Capítulo primeiro, Brasil, 2005
Xénero e duración: Ficción, 17'
Dirección: Roberto Maxwell

Documentos relacionados:
No cinema
O que vai vir
  • Lope 03/09/2010
    Andrucha Waddington
    Biopic do poeta e dramaturgo Lope de Veiga (1562-1635), un dos máis importantes e prolíficos autores do Século de Ouro da literatura española. Está ambientada no ano 1588, cando Lope se ve obrigado a elixir entre unha relación cunha muller que lle pode axudar a dar un paso adiante na súa carreira e outra que representa o amor verdadeiro.
  • O aprendiz de bruxo 03/09/2010
    Jon Turteltaub
    Remake libre da curtametraxe homónima incluído no clásico de Disney Fantasía, no cal Mickey non facía caso das ordes do seu mestre de maxia e daba vida a unhas escobas para que fixesen o traballo por el.
  • Un pequeno cambio 03/09/2010
    Josh Gordon, Will Speck
    Kassie acaba de cumprir os 40 e segue sen atopar ao seu príncipe azul, así que decide recorrer á inseminación artificial para ter un bebé. Sete anos máis tarde volve a Nova York e reencóntrase co seu neurótico e inseguro mellor amigo, Wally, quen comezará a sentir unha inexplicable conexión co fillo de Kassie, o pequeno Sebastián, un neno co que comparte algo máis que as súas múltiples teimas e excentricidades.
  • Campanilla e o gran rescate 03/09/2010
    Bradley Raymond
    Campanilla deberá unirse a unha fada rival para que os humanos non descubran a existencia da súa raza. Terceira de catro películas que realizará DisneyToon Studios baseadas no personaxe de Campanilla, procedente da película Peter Pan.
  • Sunshine cleaning 03/09/2010
    Christine Jeffs
    Rose e Norah Lorkowski son dúas irmás en paro que atopan unha particular forma de gañarse a vida: limpar as escenas de crime despois de que a policía fixese o seu traballo.