Cineclube Compostela
O Cineclube celebra o Día Mundial do Traballo coa obra documental de Joquim Jordá: a experiencia autoxestionaria dos traballadores da fábrica Numax, a finais dos setenta, quedou recollida nun documental que eles mesmos encargaron a Joaquim Jordà no momento no que ían pechar. Aquelas imaxes de Numax presenta, que veremos o día 2, foron recuperadas xunto coa situación dos traballadores dúas décadas despois, o que permite unha reflexión sobre o paso do tempo e os ideais. Con 20 anos non son nada, o día 3, pecharemos o ciclo.
Martes 2:
Numax presenta, Cataluña, 1979
Versión orixinal
Xénero e duración: documental, 115'
Director: Joaquim Jordá
Participan: Mario Gas, Joaquim Jordà, Vicky Peña
Produción: Agrupación de Trabajadores de Numax
Edición: José María Aragonés, Teresa Font
Son: Juan Quilis
Mércores 3:
20 años no es nada, Cataluña, 2004
Versión orixinal
Xénero e duración: documental, 117'
Director: Joaquim Jordá
Guión: Joaquim Jordá e Luis Manresa
Participan: Josefina Altamira, Joann Arqué, Juana Blanco, Roque Borrás, Emilia Fernández, Blanca Galán,
Fernanda Gázquez, Carlos Gómez, Paco Jiménez, Joaquim Jordà, Magda Mirabet, Pedro Navarro, Antonio Reyes, Eulogio Roca, Josefa Sánchez, Mateu Seguí, María Socorro, Vicente Valero
Produción: Antoni Camin, Quique Camín
Edición: Nuria Esquerra
Son: Jordi Bonet, Dani Fontrodona