Mike Leigh
Ao morrer os seus pais adoptivos, Hortense, unha nova optometrista negra de Londres, sente a necesidade de coñecer á súa nai natural, que a deu en adopción nada máis nacer. Esta resulta ser unha nai solteira que traballa nunha fábrica.
Secrets and Lies, Reino Unido, 1996
Xénero e duración: Drama, 141'
Dirección e guión: Mike Leith
Música: Andrew Dickson
Fotografía: Dick Pope
Intérpretes: Brenda Blethyn, Timothy Spall, Phyllis Logan, Marianne Jean-Baptiste, Lee Ross, Claire Rushbrook, Elizabeth Berrington
O filme de Mike Leith obtivo en 1996 a Palma de Ouro en Cannes, o Premio á Mellor Actriz para Brenda Blethyn e o Premio do Xurado Ecuménico. Ese mesmo ano xuntou cinco candidaturas aos Óscar: mellor película, actriz, actriz secundaria, director e guión orixinal.
Proxección en V.O.S.