Compostela cultura

Estás en: Axenda > Cinema > Gala Premio Cineuropa: Mabel Rivera
Lousa courel+
Horario:

16 de novembro de 2009
21:00

Lugar:

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

Prezo:

Entrada gratuíta previa recollida da localidade na billeteira.

Gala Premio Cineuropa: Mabel Rivera

Henrique Banet López de Rego e Mabel Rivera Torres

Chega a gala de entrega do primeiro dos Premios Cineuropa deste ano: o acto en homenaxe a Mabel Rivera, que presentará o actor Tamar Novas, contará cunha actuación musical e a proxección dos filmes Unha lousa sobre o Courel e O salario do silencio, con dirección e produción de Henrique Banet e Mabel Rivera.

Unha lousa sobre o Courel
Un dos espazos naturais con maior biodiversidade de Galiza e da Península Ibérica está a piques de ser convertido nunha zona mineira. A táctica para conseguilo baseouse en desinformar a poboación para dividila entre os que defenden a canteira e os que apostan por un desenvolvemento
sustentable e queren un parque natural. Unha lousa sobre o Courel pretende romper o muro de desinformación «interesada» que se foi tecendo arredor da canteira da Campa.

Este é o segundo traballo dunha serie iniciada con O Salario do Silencio. Producido tamén de maneira independente, sen ningún tipo de subvención, está orientado ao mercado do DVD. Ofrécese en dobre versión (galego e español), e os beneficios da súa venda irán destinados a axudar a Asociación Ecolóxico-Cultural SOS-Courel na súa loita pola conservación dun patrimonio único e irrepetible do que nos sentimos partícipes tódol@s galeg@s.

Ficha técnica:

  • Director/a: Henrique Banet López de Rego
  • Produtora: Mabel Rivera Torres
  • Director de fotografía: Henrique Banet López de Rego
  • Montaxe: Henrique Banet López de Rego
  • Produtora: Namche Films

Datos técnicos:
  • Xénero: Natureza e Medio Natural.
  • Modalidade: Documental.
  • Formato: curtametraxe.
  • Idioma gravación: rodaxe en galego.
  • Ano de produción: 2007.
  • Data da estrea: 08/02/2008.


O salario do silencio
Produción documental de corte militante que nos sitúa en antecedentes sobre o conflito da planta gasificadora de Reganosa, situada en Mugardos, na ría de Ferrol. Testemuñas de todo o espectro político, expertos, técnicos e afectados axudan a construír un relato valente a modo de informe directo dunha situación presente sen resolver.

Ficha técnica:
  • Director/a: Henrique Banet López de Rego e Mabel Rivera Torres
  • Produtora: Mabel Rivera Torres
  • Produtora: Namche Films

Datos técnicos:
  • Xénero: Sociedade.
  • Modalidade: Documental.
  • Formato: Longametraxe.
  • Duracion: 47 minutos.
  • Idioma gravación: Galego.
  • Ano de produción: 2007.
  • Data da estrea: 08/02/2008.

No cinema
  • Avatar (Multicines Cinesa Área Central 3D, Multicines Valle Inclán)
  • Cela 211 (Multicines Cinesa Área Central 3D, Multicines Valle Inclán)
  • Invictus (Multicines Valle Inclán, Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Nine (Multicines Valle Inclán)
  • Precious (Multicines Valle Inclán, Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Rompedentes (Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Sherlock Holmes (Multicines Cinesa Área Central 3D, Multicines Valle Inclán)
  • The Road (Multicines Cinesa Área Central 3D, Multicines Valle Inclán)
  • Tiana e o sapo (Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Todo incluído (Multicines Cinesa Área Central 3D)
  • Up in the air (Multicines Valle Inclán, Multicines Cinesa Área Central 3D)
O que vai vir
  • 'Onde soñan as formigas verdes' 10/02/2010
    Werner Herzog
    O cineclube continúa o mes dedicado ao director alemán Werner Herzog con este filme ambientado no deserto australiano, lacónico e con actores non profesionais.
  • A comedia 'Radio encuberta' na Fonoteca 11/02/2010
    Richard Curtis
    A Fonoteca Universitaria ofrece no ciclo 'Música en imaxes' esta comedia británica dirixida por Richard Curtis.
  • Proxección do telefilme 'Pataghorobí' 11/02/2010
    Ricardo Llovo
    Telefilme galego baseado nun texto de Francisco Fernández Naval. O protagonista é Xabier, un escritor vigués que un día recibe unha estraña carta. Nela pídeselle que a faga circular a fin de mellorar a súa sorte.
  • Proxección aberta de 'La sinapsis del códice' 11/02/2010
    Pablo Iglesias
    Pase gratuíto deste documental ficcionado sobre o Camiño de Santiago con actores e personaxes reais, baseado nos textos do Códice Calixtino, dirixido polo compostelán Pablo Iglesias.
  • 'China Blue' no ciclo de cine 'Coñecer e cambiar' 11/02/2010
    Micha X. Peled
    Continúa o ciclo de cine 'Coñecer para cambiar', de Amarante e Verdegaia, con este filme sobre as condicións laborais dos traballadores de talleres textís en China.