Compostela cultura

Axudanos a completar a axenda cultural
Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Venres, 1 de xaneiro de 2010
  • Familiar feelings. En torno á escola de Boston

    Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

    Familiar feelings. En torno á escola de Boston

    O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle esta mostra na que teñen cabida obras de Diane Arbus, Larry Clark ou Gail Thacker entre outros. Comisariada por Manuel Segade, a exposición fotográfica presenta un novo concepto de familia.

  • Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

    Auditorio de Galicia

    Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

    Unha selección de 35 obras de entre o cento e medio de traballos presentados compón esta mostra. Entre as expostas están os traballos gañadores: 'Reflexos: réplicas (Diálogos en Unland)', de Holga Méndez obtivo o primeiro premio. Os catro accésits foron para Joan Morera pola obra 'Vigo-Dakar'; Tamara Feijoo Cid por 'Antropofaxia'; Damián Ucieda por 'Home gritando núm. I 'e para o colectivo FUR ALLE FALLE por 'Os Lolos 23F'.

  • Pista de xeo en Amio

    Recinto feiral de Amio

    Pista de xeo en Amio

    Nenos e maiores poderán gozar da pista de xeo un ano máis. Desde o 18 de decembro ata o 17 de xaneiro estará aberta ao público no recinto feiral de Amio.

O que vai vir
  • Cirque Ici: 'Secret' 03/01/2010 O artista circense Johann Le Guillem ofrece un espectáculo multidisciplinar que mestura circo, danza e outras artes baixo unha carpa especial. Enxeños menánicos, efectos de luz e movementos corporais para recuperar a ilusión polo circo na súa versión máis plástica e espectacular.
  • Vivir a vida airada: tonadas e danzas para un sarao 04/01/2010 A cuarta actuación do ciclo 'Todo Lírica. XI Festival de Zarzuela de Santiago de Compostela' está dedicada ás tonadas e danzas do século XVII.
  • Cabalgata de Reis 05/01/2010 Os Reis Magos de Oriente chegan a Compostela en tren e anuncian que veñen cargados de caramelos e regalos para os nenos e nenas da cidade.
  • Concerto de Reis da Real Filharmonía 05/01/2010 Paul Daniel dirixe á Real Filharmonía no tradicional Concerto de Reis, no que se interpretará a Rossini, Walton, Gluck, Walton, Händel e Maxwell Davies.

  • Cancións, arias e romanzas para pechar 'Todo Lírica' 07/01/2010 O ciclo 'Todo Lírica. Festival de Zarzuela de Santiago' pecha a súa novena edición cun recital no que soarán cancións de Viardot e García, arias de Rossini e romanzas de zarzuela.

No cinema
Exposicións