Compostela cultura

Axudanos a completar a axenda cultural
Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Xoves, 2 de setembro de 2010
  • 'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Zona C

    'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Procedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.

  • Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

    Auditorio de Galicia

    Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

    A exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.

  • II Campus Musical 2010 da Federación Galega de Bandas de Música Populares

    Auditorio de Galicia

    II Campus Musical 2010 da Federación Galega de Bandas de Música Populares

    O II Campus Musical 2010 da Federación Galega de Bandas de Música Populares terá lugar do 30 de agosto ao 5 de setembro no Auditorio de Galicia e no Colexio Vite I en Santiago de Compostela.

  • Seminario 'Xudeus, musulmáns e cristiáns: un diálogo urxente'

    novo Facultade de Filosofía

    Seminario 'Xudeus, musulmáns e cristiáns: un diálogo urxente'

    O doutor en Teoloxía Nel Rodriguez Rial dirixe este seminario que ao longo de dous días analizará as bases e o presente das tres relixións monoteístas maioritarias.

  • 'O mago de Oz'

    novo 22:30 | Actividades nas rúas de Compostela

    'O mago de Oz' Victor Fleming

    No Mago de Oz Dorothy, unha meniña de Kansas, lugar onde abundan tormentas e furacáns, comeza unha viaxe ao máxico e sorprendente lugar de Oz, onde, seguindo o camiño de baldosas amarelas, coñecerá a un león cobarde, a un home de lata e a un espantallo cos que será testigo da sorpendente vida deste país descoñecido para ela.

O que vai vir
  • Hirundo Moris en Espazos Sonoros 03/09/2010 A cantante e arpista Arianna Savall presenta 'Peiwoh, Cantos do Norte e do Sur', unha viaxe musical a través da xeografía e do tempo, inspirada nunha lenda taoísta que narra o nacemento da arpa.
  • Marky Ramone 03/09/2010 Marky Ramone estará na sala Capitol coa súa última banda The Blitzkrieg. O baterista dos Ramones, nacido Marc Bell (Brooklyn, NY, 1956), pasa por Santiago co seu set de 32 cancións da mítica banda de punk neoiorquina.
  • Arcade Fire+Echo & The Bunnymen+The Temper Trap+Cornelius 05/09/2010 O gran macroconcerto do verán chega cun cartel que capitanean os canadianos Arcade Fire xunto cos de Liverpool Echo & The Bunnymen...
  • Banda Municipal de Música na rúa 09/09/2010 A Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.
  • Congreso IBBY 09/09/2010 Este ano celébrase en Compostela o 32ª edición do Congreso IBBY (International Board on Books for Young People), que nesta ocasión estará dedicado ás minorías. O IBBY é un colectivo sen ánimo de lucro que está composto por asociacións e persoas de todo o mundo comprometidas coa idea de propiciar o encontro entre os libros e a infancia.

No cinema
Exposicións