Compostela Cultura

3 de xullo de 2009  | Mapa web | Contacto |
Concellaría de Cultura
Socorro García Conde e Paulo Rodríguez na presentación do Festival dos Abrazos.

Preto de 150 actividades encherán o mes de agosto co Festival dos Abrazos

(2/7/2009) No mediodía de hoxe, na praza do Toural, presentouse a segunda edición do Festival dos Abrazos, unha mostra de creación contemporánea local e internacional coa que a concellaría de Cultura e Centros Socioculturais ofrece unha nova ollada sobre espazos singulares...

O prazo para inscribirse en Xogandoando, proxecto de tempo libre infantil de Vive o Verán! remata este venres

Jesús Madriñán expón 'En Branco', na Zona "C"

Máis información
Non perdas hoxe
  • Liberalibros: Lecturas frescas no verán

    17:00 - 21:00 | Alameda

    Liberalibros: Lecturas frescas no verán Parque da Alameda

    Vive o Verán! presenta o Liberalibros, unha novidosa iniciativa que xorde co ánimo de fomentar as lecturas frescas de verán nos parques da cidade e divulgar a liberación de libros.

  • 'Be sexy', taller de artista

    Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

    'Be sexy', taller de artista Marta Pazos

    Inscrito na programación dun amplo proxecto baixo a dirección de Juan Vicente Aliaga, que incluíu a exposición 'En todas as partes' e o seminario 'O declive da ortodoxia?' en torno ás políticas de diversidade sexual na arte, o Servizo de Actividades e Proxectos Educativos do CGAC propón o taller 'Be Sexy', impartido por Marta Pazos.

  • Festival de contrabaixo Ludwig Streicher

    Escola de Altos Estudos Musicais

    Festival de contrabaixo Ludwig Streicher Escola de Altos Estudos Musicais

    Un total de 23 alumnos procedentes de diferentes puntos do Estado participan na oitava edición do Festival de Contrabaixo 'Ludwig Streicher', que se desenvolverá até o día 8 de xullo na sede da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en Santiago de Compostela.

  • NanoNasa. Campamento cultural de verán

    10:00 - 14:00 | Sala NASA

    NanoNasa. Campamento cultural de verán Sala Nasa

    A Sala Nasa organiza un entretido campamento cultural de verán no que os nenos de 6 a 11 anos poderán atopar unha divertida aproximación ao teatro, a música, o cinema e a natureza urbana.

Toda a axenda

Das seguintes propostas escénicas do mes de xuño en Compostela cal che resulta máis atraínte?












O Centro Galego de Arte Contemporánea celebra xa o seu 15 aniversario. Este espazo de dinamización artística converteuse nestes anos nun referente ineludíbel do panorama cultural de Compostela. Ademais da programación estábel, que leva funcionando desde 1995, o CGAC xa ten elaborado o seu calendario para 2008, artellado en base a un modelo de investigación, de novos formatos de traballo e de relacións co contexto. Mais o labor deste centro non queda aí, o museo converteuse tamén nun lugar dinámico onde se celebran ciclos de conferencias, talleres, e incursións no campo da música, as artes escénicas e o cine. Todos estes datos e algún máis podes atopalos no noso directorio.

Destaques

Vive o Verán! 2009

Vive o Verán! 2009

Coa chegada da estación estival, a concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Compostela sae á rúa para ofrecer, por segundo ano consecutivo, un completo programa de actividades ao aire libre que pretende introducir prácticas lúdicas e saudábeis nestes meses de lecer. Cursos de tai chi e ximnasia terapéutica, xogos nos parques para os máis pequenos, actividades acuáticas, cinema ao aire libre ou roteiros polos ríos e parques da cidade son só algunhas das propostas de Vive o Verán! 2009.

Seguir lendo

Via Stellae. IV Festival de Música de Compostela e os seus Camiños

Via Stellae. IV Festival de Música de Compostela e os seus Camiños

Logo de tres edicións de grande éxito, que mereceron o entusiasta recoñecemento da prensa especializada e o definitivo respaldo do público, preséntase o IV Festival Via Stellae que promoven a Consellaría de Cultura e Turismo e a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo. Do 2 ao 23 de xullo Via Stellae ofrecerá recitais nas vilas que se sitúan ao redor dos oitos camiños de peregrinación que levan a Compostela, desenvolvéndose nas igrexas e auditorios da nosa cidade o groso da programación.

Seguir lendo

O bailarín e actor David Loira presenta 'Macho'

O bailarín e actor David Loira presenta 'Macho'

David Loira, bailarían e creador escénico amosará diante do público o froito do proceso creativo que desenvolveu como artista en residencia do Centro Coreográfico Galego. A peza resultante titúlase 'Macho', e porase en escena nunha sesión que se desenvolverá na nave industrial da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) no compostelán Polígono de Costavella, o xoves 2 de xullo, a partir das 16.30 horas.

Seguir lendo

Accede a web do Concello de Santiago

© Concellaría de Cultura. Concello de Santiago de Compostela, 2008